Sarmiza Bicescu
SARMIZA BICESCU
Sarmiza Bicescu (27 de abril 1867 - 26 de agosto 1935) foi a primeira muller de Europa licenciada en Dereito pola Universidade de París e a primeira no mundo que conseguiu un doutorado de Dereito.
Obtivo a licenciatura de Dereito pola Universidade de París, a pesar de ter grandes dificultades, mesmo para poder acceder ás aulas. Foi a primeira muller no mundo que conseguiu un doutoramento de Dereito cunha tese doutoral titulada "Sobre a condición xurídica da nai", onde mostraba todas as contradicións e a carencia de dereitos das mulleres e, moi especialmente, das nais. Presentouna, con 23 anos, o 12 de xuño de 1890 á Facultade de Dereito de París.
Converteuse na primeira muller que puido exercer avogacía no seu país, pois foi admitida na asociación de avogados do condado de Ilfov, pero abandonouno seis anos despois para dedicarse a difundir e defender o dereito ao acceso á educación das nenas e os nenos do seu país mediante bolsas, sobre todo no ámbito rural.
El 1915 puxo en marcha unha campaña a favor de ofrecer educación alternativa e adicional ás mulleres a quen se lles negara o acceso á educación superior. Fundou, xunto con outras mulleres, feministas e defensoras dos dereitos das mulleres, a Sociedade Romanesa de Señoritas.
Fonte da imaxe: https://www.mujeresenlahistoria.com/2015/01/la-primera-abogada-sarmiza-bilcescu.html
Comentarios
Publicar un comentario
O teu comentario está a ser moderado. Grazas pola túa achega.