Ruth Bader
RUTH BADER GINSBURG
Xurista
Ruth Joan Bader Ginsburg, nada en Brooklyn, Nova York, o 15 de marzo de 1933, é unha xuíza e xurista estadounidense que destacou especialmente polo seu traballo na loita pola igualdade legal entre homes e mulleres.Dende o 10 de agosto de 1993 é xuíza da Corte Suprema dos Estados Unidos, nomeada polo presidente Bill Clinton. En 1972 fundou a sección de dereitos da muller na Unión Estadounidense polas Liberdades Civís.
En 1972 fundou a sección de dereitos da muller na Unión Estadounidense polas Liberdades Civís dende onde iniciou a batalla legal pola igualdade entre homes e mulleres. Liderou seis dos principais casos ante a Corte Suprema dos Estados Unidos, dos que gañou cinco. En 1971 o tribunal ditaminou por primeira vez que tratar unha muller de xeito diferente a un home violaba a Constitución e era ilegal. Foi coñecido como o caso Reed v. Reed.
Comezou a súa carreira xudicial en 1980 cando o presidente Jimmy Carter a nomeou xuíza do Tribunal de Apelacións do Distrito de Columbia, onde pasou trece anos. En 1993, o presidente Bill Clinton nomeouna xuíza do Tribunal Supremo tralo retiro do xuíz asociado Byron White. O Senado confirmou o seu nomeamento cunha votación de 96-3. Converteuse entón na segunda muller na historia (tras Sandra Day O'Connor) en servir neste alto órgano xudicial.
Ginsburg é unha das principais voces da á liberal do Tribunal Supremo. Durante os seus anos no Tribunal, Ginsburg votou a favor do dereito ao aborto e da citación de dereito internacional nas opinións da Corte.
Ademais, votou en contra da pena de morte e a favor dos dereitos dos homosexuais.
En breve estrearase nas salas de cine o filme “Unha Cuestión de Xénero”, película baseada nesta xurista norteamericana.
Fonte da imaxe:
https://www.clevescene.com/scene-and-heard/archives/2019/01/29/cleveland-state-
university-to-host-a-ruth-bader-ginsburg-tribute-concert-in-april
Comentarios
Publicar un comentario
O teu comentario está a ser moderado. Grazas pola túa achega.