Mamie Johnson

Mamie Johnson

MAMIE “CACAHUETE” JOHNSON.
Mamie Johnson naceu o 27 de setembro de 1935, en Ridgeway, Carolina do Sur. Nunca coñeceu ao seu pai pois este abandonou á súa familia antes de que ela nacera, e foi criada pola a súa avoa materna. Mentres a súa nai traballaba en Washington DC, dende onde mandaba cartos a súa familia.
Mamie empezou a xogar ao béisbol de nena, cos nenos do seu barrio, nunha pista improvisada nas rúas.
Foi o seu tío quen lle ensinou os primeiros trucos, coa morte da súa avoa viuse obrigada a trasladarse a Long Branch con outros tíos, onde comezou a xogar a sóftbol, e un día mentres xogaban un partido a Liga da Policía, pediulle aos adestradores que a deixaran xogar e asombrou a todos.
Ao acabar o instituto, trasladouse a xunto súa nai e coñeceu a Jackie Robinson, o primeiro negro que rompeu a barreira racial da liga de béisbol, este foi quen a motivou a seguir xogando.
Empezou a xogar nun equipo modesto da liga amateur, pero un día ela e a súa amiga lendo o periódico enteráronse dun anuncio de que un equipo profesional da liga feminina estaban facendo probas, pero non as deixaron facelas, polo motivo de ser negras.
Decepcionada, seguiu xogando no seu equipo do barrio ata que a viu Bish Tyson, ex xogador da Negro League, quen lle avisou que as Indianapolis Clowns estaban facendo probas, as cales pasou e foi contratada. Converteuse así na primeira negra pitcher da historia da Negra League.
Nesta época ganouse o sobrenome de “Cacahuete” ou Penaut en inglés, isto foi debido pola súa estatura (1,60 m).Coa paulatina desaparición da Negra League, Johnson deixou o béisbol, diplomouse de enfermeira, casouse e tivo un fillo.
Cando se xubilou creou a fundación, The Played Baseball Foundation, dedicada a transmitir a historia do béisbol aos máis xóvenes, facendo fincapé na Negro League.
Fonte da imaxe: https://www.blackpast.org/african-american-history/johnson-mamie-lee-1935/

Comentarios

Publicacións populares deste blog

A Igualdade sabe a sal: Seguindo ás Estrelas