Lusia Harris

Lusia Harris

LUSIA HARRIS, “LUCY”
Lusia Harris naceu o 10 de febreiro de 1955 en Minter City, Mississippi, no seo dunha familia de agricultores con 11 fillos. Os seus seis irmáns homes e unha das súas catro irmás xogaban ao baloncesto, así que Lusia non tardou en afeccionarse ao deporte da canastra. É unha ex-xogadora de baloncesto estadounidense. Foi medalla de prata con Estados Unidos nos Xogos Olímpicos de Montreal 1976, ademais de ser a primeira muller en ser fichada por un equipo da NBA no ano 1977. No instituto mostrou os seus dotes e converteuse na capitá do seu equipo, bateu o récord de anotación e levouno ao campionato estatal. Chegado o momento de ir á universidade, un observador convenceuna de que se enrolase na Delta State University, no seu Mississippi natal, onde foi a xogadora estrela do equipo olímpico de 1976 e a responsable de innumerables vitorias que levaron ao ceo a canto equipo ela pertenceu. Lusia Harris deixou en 1977 a Universidade e empezou a traballar na institución como adestradora.
Fonte da imaxe: https://fadeawayworld.com/2017/08/08/a-shocking-truth-about-the-nba-draft-two-women-have-been-drafted/lucy-

Comentarios

Publicacións populares deste blog

A Igualdade sabe a sal: Seguindo ás Estrelas