Lilí Alvarez
LILÍ ÁLVAREZ
Naceu no hotel Flora de Roma o 9 de 1905 e morreu en Madrid en 1998.
Foi unha polideportista, escritora e xornalista española. Practicou moitos deportes, destacándose como tenista e patinadora pero tamén practicaba esquí, escalada, equitación, billar e dirixiu coches de carreiras. Foi pioneira do deporte feminino español. Foi a primeira muller española en participar dos Xogos Olímpicos: os de inverno de Chamonix de 1924.
A súa nai tivo unha saúde delicada e por iso viviron habitualmente en Suíza onde foi criada. Neste país o papel das mulleres era máis avanzado que en España polo que puido comezar a facer deporte desde que era nena. Practicou billar, subida a unha cadeira, cando era unha rapaza e aínda non chegaba á mesa; patinaxe sobre xeo, con vitorias en
Saint-Moritz, equitación, esquí alpino, carreiras de motos e, sobre todo, tenis.
Fundou en 1960, xunto con outras mulleres Seminario de Estudos sociolóxicos sobre a Muller co obxectivo de ser un espazo de reflexión, diálogo e estudo sobre as mulleres en España. E pertencía a el ata a súa morte en 1986.
Participou na fundación do partido Esquerda Democrática Cristiá en 1965. En 1968 é invitada polo Ministerio de Asuntos Exteriores a Teherán para falar sobre a eliminación da discriminación da muller.
Comentarios
Publicar un comentario
O teu comentario está a ser moderado. Grazas pola túa achega.