Lidia Skoblikova
LIDIA SKOBLIKOVA.
Nada en Zlatoust, Unión Soviética, o 8 de marzo de 1939, Lidiya Pavlovna Skoblikova. De nena empezou a competir no club Burevestnik de Chelyabinsk. Con 19 anos quedou terceira da Unión Soviética e entrou no equipo nacional para formar parte dos seus primeiros Mundiais, nos que logrou un bronce.
Ao ano seguinte, en 1960, foi a súa explosión definitiva: a pesar de gañar outro bronce nos Mundiais, nos Xogos Olímpicos de Squaw Valley logrou dous ouros, na proba de 1.500 e na de 3.000 metros. A súa consagración chegou catro anos despois, antes dos cales acumulou outro bronce, unha prata e dous ouros en Mundiais.
Como dicía, foi nos Xogos de Innsbruck de 1964 nos que Skoblikova converteuse en lenda ao lograr catro medallas de ouro: 500 metros, 1.000 metros, 1.500 metros e 3.000 metros. Nin que dicir ten que estes logros de Skoblikova fixeron dela a única deportista en lograr catro medallas de ouro nuns mesmos Xogos de Inverno e a primeira en acumular seis durante a súa carreira.
En 1969 retirouse e empezou a ensinar patinaxe no club Lokomotiv de Moscova. Ademais, cursou estudos de pedagoxía e historia e converteuse en mestra. Foi tamén membro do Comité Olímpico Soviético e foi galardoada por Juan Antonio Samaranch en 1983. Presidiu a Federación Rusa de Patinaxe e foi seleccionadora nacional. Aos 76 anos segue residindo en Moscova, e hai uns meses, con motivo dos Xogos de Sochi, púidose ver levando a bandeira olímpica.
Fonte da imaxe: https://en.wikipedia.org/wiki/Lidiya_Skoblikova
Comentarios
Publicar un comentario
O teu comentario está a ser moderado. Grazas pola túa achega.