Janet Guthrie
JANET GUTHRIE
(Primeira muller en clasificarse para as 500 millas de Indianapolis - 1977)
Naceu o 7 de marzo de 1938 no estado estadounidense de Iowa. Graduouse en enxeñería aeroespacial na Universidade de Michigan. Dedicándose a elo, traballou como enxeñeira aeroespacial ata que por unha amizade descubriu a súa vocación cos coches de carreiras. Aínda que tivo complicacións económicas logrou facerse con un Jaguar e facer o seu debut na serie SCCA en 1963 pero non foi ata 1972 que puido competir a tempo completo. Janet Guthrie foi a primeira muller en correr no Indianapolis 500 (logra cualificar e correr durante tres anos chegando a un 9° posto en 1978, despois participou en eventos de IndyCar conseguindo 5º posto como mellor resultado) e no Daytona 500 coñecida actualmente como a “Super Bowl de los stock cars”, onde quedou no doceavo posto. Ambas carreiras foron no ano 1977 ,tras facer un ano de converterse na primeira muller en competir na copa NASCAR. Tamén gañou a honra a Rookie do año 1977 e aínda que ese ano non puido rematar a Indianapolis, en 1978, puido rematala. Nun mundo dominado por homes, Guthrie continuou a súa carreira ata 1983 no que abandonou debido á falta de patrocinios. A pesar de todo, gañouse o posto no paseo da fama internacional de deportes de motor. A maiores da competición fixo algún anuncio publicitario. Hoxe en día vive unha vida tranquila pero sendo invitada de honra en moitos eventos do motor. Janet foi a piloto pioneira que serviu de exemplo a seguir para moitas pilotos mundialmente. Fonte da imaxe: https://interactive.wttw.com/playlist/2017/03/13/archive-race-car-driver-janet-guthrie
Comentarios
Publicar un comentario
O teu comentario está a ser moderado. Grazas pola túa achega.