Gerlinde Kalterbrunner

Gerlinde Kalterbrunner

GERLINDE KALTENBRUNNER
Naceu o 13 de decembro de 1970 en Kirchdorf an der Krems, Austria.
A unha idade temperá empezou a interesarse sobre o mundo do alpinismo, máis adiante, empezou a compaxinar os seus estudos de enfermeira cos seus adestramentos de montaña, así mellorando as súas habilidades.
Aos 32 anos decidiu dedicarse máis ao montañismo, deixando o seu traballo como enfermeira e buscando patrocinadores. Dedicouse a escalar 9 cimas de 8.000 metros.
En 2003 únese a un equipo internacional, o cal estaba formado por homes alpinistas de primeira fila, Gerlinde gañouse a confianza e respecto dos seus compañeiros grazas á súa constancia e perseveranza.
Gerlinde destaca por ser a segunda muller capaz de escalar 12 dos 14 oitomiles (montañas de máis de 8.000 metros de altitude sobre o nivel do mar) sen osíxeno artificial.
Fonte da imaxe: http://www.climbing.de/klettergebiete/vortragsreihe-von-gerlinde-kaltenbrunner-in-der-schweiz-21774.html

Comentarios

Publicacións populares deste blog

A Igualdade sabe a sal: Seguindo ás Estrelas