Enriqueta Basilio

Enriqueta Basilio

ENRIQUETA BASILIO
Norma Enriqueta Basilio Sotelo, máis coñecida como Queta Basilio, naceu o 15 de xullo de 1948 na Baixa California e foi unha deportista mexicana que deixou unha pegada no mundo do deporte moi importante por ser a primeira muller da historia en levar o facho olímpico e prender o pebeteiro olímpico nos xogos de 1968.
Aquel 12 de Outubro de 1968 non deixou indiferente a ninguén pois esa acción que Queta realizou aquel día marcou un antes e un despois en tódolos aspectos, a nivel deportivo ao ser a primeira vez que se celebraban os Xogos Olímpicos nun lugar diferente de Europa, EEUU ou Xapón, queríase demostrar que México tamén era un candidato capaz de acollelos, por iso o comité decidiu que, por primeira vez, fose unha muller a portadora do facho.
Decidiron darlle ese privilexio a Enriqueta polos seus logros na súa carreira deportiva que xa acadara coa idade dos 20 anos (campioa nacional de 80 metros vallas e participante dos 400 metros lisos).
O día sinalado, o comité olímpico esqueceuse de darlle o uniforme que levaría para levar o lume olímpico, así que Enriqueta Basilio decidiu ir toda de branco simbolizando a paz e dándolle a visibilidade que merecían as mulleres no mundo do deporte.
O soño de Queta era repetir a fazaña, cousa que fixo 50 anos despois (agora con 70 anos) de forma
simbólica o 25 de agosto de 2018 con máis dificultades que anteriormente, non obstante, foi igual de máxico que a primeira vez.
Fonte da imaxe: https://www.afmedios.com/2018/10/enriqueta-basilio-la-mujer-que-hizo-historia-en-el-68/  (Foto: @DeporteUNAM)

Comentarios

Publicacións populares deste blog

A Igualdade sabe a sal: Seguindo ás Estrelas