Charlotte Cooper
CHARLOTTE COOPER
Charlotte " Chattie" Reinagle Cooper, (Ealing, Middlesex, Inglaterra, 22 de setembro de 1870 - Helensburgh, Escocia, 10 de outubro de 1966) foi unha tenista inglesa e a primeira muller campioa olímpica da historia.
Desde pequena Charlotte interesouse polos deportes. Membro do club de tenis da súa localidade natal, o Ealing Lawn Tennis Club onde aprendeu desde moi novo este deporte, gañou o seu primeiro título individual en Wimbledon en 1895.
En 1900 puido participar nos Xogos Olímpicos de París, os primeiros nos que se admitiu a participación feminina, e, vencendo na final feminina de tenis pasou á historia do olimpismo ao converterse na primeira muller gañadora dun título olímpico, xa que non se entregarían medallas ata 1904 nos Xogos Olímpicos de San Luís. Gañou na final á francesa Hélène Prévost por 6-1, 7-5. Nas mesmas olimpíadas sumou outra vitoria na disciplina de dobres mixto co seu compañeiro Reginald Doherty 6-2, 6-4, sobre Harold Mahony e Prévost.
En 1901 conseguiría o título en Wimbledon por cuarta vez. Tras unha paréntese de varios anos volveu ás pistas para gañar un título máis de Wimbledon en 1908 cunha idade de 37 anos e 282 días, un récord que aínda hoxe está vixente. En 1912, seguía sendo unha das mellores do circuíto e conseguiu xogar a final de Wimbledon aos 41 anos.
Cooper mantívose no tenis competitivo participando en diferentes campionatos mesmo con 50 anos. A súa filla, Gwen, xogou no equipo de tenis da Wightman Cup do Reino Unido.
Fonte da imaxe: https://es.wikipedia.org/wiki/Charlotte_Cooper
Comentarios
Publicar un comentario
O teu comentario está a ser moderado. Grazas pola túa achega.