Billy Jean King

Billy Jean King

BILLY JEAN KING
Billie Jean Moffitt King, naceu o 22 de novembro de 1943 en Long Beach, California. É unha ex xogadora de tenis dos Estado Unidos, considerada unha das grandes no mundo do tenis e unha das mellores deportistas da historia, entre as súas vitorias unha das máis importantes foi cando gañou a Bobby Riggs, campión número un do mundo nos anos 40, quen retou a Billie a un partido para demostrar a suposta superioridade do home sobre a muller. A vitoria de Billie supuxo unha reclamación da igualdade deportiva entre homes e mulleres.
Billie tamén publicou un libro titulado La Guerra de los Sexos, do cal se fixo unha película.
Precursora norteamericana campioa de tenis e activista polo cambio social, en 1973 ameazou con boicotear o Aberto de Tenis dos Estados Unidos a menos que as mulleres recibisen un premio en diñeiro igual ao dos homes. A súa demanda foi atendida e o Aberto dos Estados Unidos converteuse no primeiro gran torneo en ofrecer igualdade nas retribucións.
Obama sinalou que esta deportista contribuíu a igualdade de xénero, non só no deporte, senón en todos os ámbitos da vida pública. King converteuse nunha das primeiras e máis importantes figuras femininas do deporte en EE.UU. Despois da súa carreira profesional de tenis dirixiu a World Team Tennis League.
É gañadora de 39 títulos de Grand Slam: 12 individuais, 16 en dobres feminino e 11 en dobres mixto.
Fonte da imaxe: https://www.cnbc.com/2018/03/08/billie-jean-king-international-womens-day-should-be-we-too-day.html

Comentarios

Publicacións populares deste blog

A Igualdade sabe a sal: Seguindo ás Estrelas