Annika Sörenstam

Annika Sörenstam

ANNIKA SÖRENSTAM
Annika Sörenstam naceu en Bro, Estocolmo, Suecia, o 9 de outubro de 1970 e é unha das golfistas profesionais máis importantes na historia do golf feminino. Foi número 1 do mundo nas décadas de 1990 e 2000 e durante a súa carreira gañou 93 torneos, 72 deles no LPGA Tour estadounidense, o que a coloca terceira no historial.
Sörenstam ingresou no Salón da Fama do Golf Mundial en 2003 e recibiu o Premio Laureus á mellor deportista en 2004.
En 2015 converteuse ademais nunha das primeira mulleres socias de The Royal and Ancient Golf Club of St Andrews.
Aínda que o primeiro deporte que practicou foi o tenis, imitando o seu ídolo Björn Borg, na súa adolescencia comezou a decidirse polo golf. En 1988, a campioa de golf sueca Pia Nilsson converteuse na súa adestradora e tres anos despois trasladouse á escola de golf da Universidade de Arizona, debutando no circuíto profesional en 1992. En 1997 conseguiu seis triunfos e cinco segundos postos en 22 torneos. En 2001 logrou oito vitorias e seis segundos postos. En 2002 venceu en once torneos, foi segunda en dous e terceira noutras dúas aparicións de 22. En 2003 acumulou seis vitorias e catro segundos postos en 17 torneos. En 2004 gañou oito veces e foi segunda en catro ocasións. En 2005 conseguiu dez vitorias e dous segundos postos en 20 torneos.
Tras sufrir numerosas lesións, retirouse en 2008.
Actualmente é unha empresaria e proxecta campos de golf, ten unha academia en Florida, ten a súa propia liña de roupa, unha liña de perfume e a súa propia liña de viños.

Fonte da imaxe: http://news.bbc.co.uk/sport2/hi/golf/7399704.stm

Comentarios

Publicacións populares deste blog

A Igualdade sabe a sal: Seguindo ás Estrelas