Ana Carrasco
ANA CARRASCO GABARRÓN
Ana Carrasco naceu en Cehegin (Murcia), o 10 de marzo de 1997. É a primeira muller da historia que gañou unha carreira nun Campionato do Mundo de motociclismo. Subiuse á moto da súa irmá con tres anos e pronto viu que o seu futuro tiña que estar vinculado ás dúas rodas e con só seis anos xa competía en carreiras oficiais. Ana vive para o motor, pero decidiu estudar Dereito porque o día que queira descansar do deporte espera desconectar “totalmente”. Con todo, no caso de que conseguise vivir do motociclismo, recoñece que non exercería como avogada.
A pesar da súa curta idade, Ana acumula numerosas vitorias e competiu en varios campionatos desde 2005 ata a súa chegada ao escenario mundialista. O 2009 foi un ano de éxitos para ela, xa que se converteu en campioa de 125cc no Campionato Estremeño e impúxose tamén no Campionato de Murcia 125cc e na Copa de España. En 2011 converteuse na primeira muller que puntuaba no CEV 125cc e en 2012 foi tamén a primeira en facelo no novo formato de Moto3 no mesmo Campionato. En 2013 deu o salto ao Campionato do Mundo de Moto3 co Team Calvo. Ese mesmo ano sufriu unha grave lesión de úmero que a levou en 2016 a cambiar o Mundial de Moto3 polo Europeo de Moto2.
O seu talento, os seus resultados, a súa constancia, traballo e tenacidade, levouna actualmente, a volver facer historia, sendo a primeira muller en conseguir unha volta rápida, unha Pole Position. A historia de Ana Carrasco é unha de superación, marcando a diferenza e demostrando que as mulleres tamén poden estar na elite do deporte. Ana non é a única muller que loitou polos seus soños, pero é unha honra dicir que unha española conseguiu ser campioa do mundo Supersport.
Fonte da imaxe: https://cadenaser.com/emisora/2018/09/28/radio_murcia/1538126872_822876.html (Foto: Getty Images)
Comentarios
Publicar un comentario
O teu comentario está a ser moderado. Grazas pola túa achega.