Alice Coachman

Alice Coachman

ALICE COACHMAN
Alice Coachman Davis naceu o 9 de novembro de 1922 en Albany, Xeorxia. Pertencía a unha familia negra que vivía en Estados Unidos, con todo o que iso supón. Desde pequena mostrou grandes calidades para o atletismo, pero ser muller e ser negra fixéronlle desestimar ese camiño. Cando ingresou na Escola Elemental de Monroe Street, a súa profesora descubriu o seu inmenso talento para o atletismo, e animouna a adestrarse co equipo do colexio. Coachman viu nese ánimo unha oportunidade, un soño que podía cumprirse, pero pronto se deu de bruzos coa realidade: non podía acudir aos campos de adestramento, porque nel exercitábanse os atletas brancos. "Tiven que adestrar polas rúas e camiños de terra que había nos arredores do estadio". Pero Coachman continuou formándose como atleta. Aínda que tivese que facelo sempre pola súa conta. Compaxinou o traballo, os adestramentos, e os estudos, ata conseguir entrar na Universidade de Tuskegee, Alabama. Unha Universidade dirixida á comunidade negra. Aí non tardou en demostrar a todos que estaba capacitada para o atletismo, batendo o récord de salto de altura da Universidade. Aquel salto permitiulle entrar na Unión de Atletas Amateurs, converténdose no primeiro ano en campioa nacional de 50 metros, 100 metros, 400 metros, e de salto de altura. Tiña moitas vitorias e récords, pero era negra, o que lle daba moi poucas oportunidades para progresar. Os seus mellores anos coincidiron coa II Guerra Mundial, co que non tivo ningunha oportunidade de acudir aos Xogos Olímpicos de 1940 e de 1944, xa que non houbo. Tras gañar o campionato nacional de salto de altura durante dez anos consecutivos, de 1939 a 1948, si puido participar na cita de Londres de 1948. Entrou na historia: logrou a vitoria cun salto de 1,68 metros converténdose non só na única muller estadounidense que gañaba unha medalla de ouro en Londres, senón tamén na primeira muller negra que conseguía un ouro olímpico. Recibiu a medalla da man do Rei Jorge VI.
Fonte da imaxe: https://theundefeated.com/features/alice-coachman-became-the-first-black-woman-to-win-olympic-gold-1948-games-in-london/

Comentarios

Publicacións populares deste blog

A Igualdade sabe a sal: Seguindo ás Estrelas